español | portugués | inglés

Auxnavalia

INICIO | CONTACTO | MAPA WEB
acceso privado
Inicio » NOTICIAS » Preséntase en Navalia o Proxecto Transnacional AUXNAVALIA p...

Preséntase en Navalia o Proxecto Transnacional AUXNAVALIA para a mellora da competitividade das empresas da industria naval

O Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, D. Ángel Bernardo Tahoces e a Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Dna. Corina Porro Martínez inauguraron hoxe, no marco de Navalia, a Xornada de Presentación do Proxecto AUX-NAVALIA,

·         liderado pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia da Consellería de Economía e Industria.
·         D. Bernardo Tahoces ratificou a decidida e inequívoca aposta do Goberno Galego por este sector, para o cal desde a Consellería de Economía e Industria estase a traballar en novos instrumentos de apoio que completarán aos xa postos en marcha.
·         Dna. Corina Porro destacou a gran tradición do sector naval en Vigo, a alta cualificación dos traballadores das empresas da construción naval e a súa capacidade para xerar coñecemento, permitindo á cidade olívica xogar un papel primordial como exportador nos mercados internacionais.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2010,
O Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, D. Ángel Bernardo Tahoces e a Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Dna. Corina Porro Martínez, inauguraron xunto a Dna. Covadonga Toca Carús, xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, o proxecto transnacional Auxnavalia. O acto de presentación tivo lugar en Vigo no marco da Feira Internacional Navalia.
 
Durante a xornada fíxose un balance sobre a situación actual da industria naval e dos asteleiros europeos por parte do representante da Comunidade Europea de Asociacións de Asteleiros (CESA).
Ademais, expuxéronse as oportunidades de negocio que, na situación actual, presentan os mercados con amplo potencial de crecemento como Brasil, India e Uruguai, ofrecendo así importantes oportunidades para as empresas galegas. Estas exposición foron realizadas por representantes da Secretaría de Industria do Estado de Pernambuco (Brasil), da Asociación Naval de Asteleiros da India e da Asociación Cluster da Industria Naval de Uruguai.
O proxecto Aux-Navalia
Aux-Navalia é un proxecto liderado pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia no que participa o Clúster do Naval de Galicia e entidades relacionadas co sector de Reino Unido e Portugal. O seu obxectivo é mellorar a capacidade de innovación e a competitividade da industria auxiliar do sector naval do Espacio Atlántico, para o cal desenvolve as súas actuacións en torno a cinco grandes liñas de traballo: competitividade, financiamento, I+D+I, vixilancia tecnolóxica e internacionalización.
O proxecto diríxese a empresas do sector auxiliar do naval, centros tecnolóxicos, universidades, entidades financeiras e profesionais con experiencia nos procesos de innovación, susceptibles de participar no marco do proxecto. 
 

baner_noticias.png

Socios del proyecto - SSA
Socios del proyecto - BIC Minho
Socios del proyecto - Aclunaga
Socios del proyecto - Fundación Calidad
socios_es6.jpg
socios_es4.jpg

Plaza de Europa nº 10 A, 6ºB (Área Central) 15707 Santiago de Compostela
Tel: 981 957 000 - Fax: 981957 007
info@fundacioncalidade.org
RSS (suscríbete a las actualizaciones de la web) | accesibilidad

Espacio AtlánticoUE FEDER